Este mes na nosa aula cumplíu seis aniños NOEL, xa somos moi maiores e axiña estaremos en Primaria. Coma cada último luns de mes celebrámolo con todos e todas as compañeiras de Infantil e tamén coa profe Loli. PARABÉNS!!!
Xa acabamos de organizar a nosa biblioteca para participar no concurso de bibliotecas de aula organizado polo equipo de biblioteca, quedounos así de bonita, agora que gane a mellor. Sorte a todos
Coa axuda de Julio, o auxiliar de conversa de inglés e Sara, a profe de apoio, representamos o conto do Pito Cairo de xeito bilingüe: Julio narraba o conto en inglés e Sara facíao en galego, mentres o resto dos profes de infantil representábamos unha persoaxe cada un .
O día 16 recitamos unhas poesias de Valetín Paz Andrade. Fixémolo fenomenal, a profe sentiuse orgullosa
Estamos a organizar a nosa biblioteca de aula, de momento témola desmantelada. Decidimos entre toodos e todas qué carteis imos poñer para clasificar os nosos libros. Logo confeccionamos os carteis
Como veu o bo tempo aproveitamos para prantar unhas ceboliñas de frores amarelas e violetas. Tamén regamos as cenorias que están estupendas.
Ete martes continuamos cos talleres de animais e os/as profes volvimos a intercanbiarnos nas aulas para leer unha historia dun animal e facer unha manualidade. Facede clic na segunda foto.